Que plan hai?
  • Non todo vai ser estar na casa! Estas son ideas que molan se queredes dar unha volta ou facer algunha actividade en familia. Interesarán, sobre todo, a quen prefira evitar o boureo e as aglomeracións 😉 Que disfrutedes!

Por certo: a pesar de que me paso o día buscando cousas interesantes que facer para público infantil e familias, tanto para publicar aquí como para participar nelas, moitas veces non atopo practicamente nada de información accesible, clara e atractiva sobre este tipo de eventos… polo que me vou permitir incluir nestas liñas unha autocuña publicitaria.

Se organizas unha actividade e ves que non chegas a toda a xente que che gustaría, eu podo axudarche co deseño de cartelería e tamén co marketing online. Ponte en contacto comigo cubrindo este formulario na web da miña empresa, Elenda 🙂

Setembro de 2017

Venres 1, sábado 2 e domingo 3: Festa Normanda (Foz)

É certo que na Festa Normanda hai máis xente que na guerra (nunca mellor dito) e nest blog gústame máis falar de eventos máis íntimos e alternativos, pero esta é unha ocasión perfecta para despedir os baños de multitudes do verán na Mariña de Lugo. E hai que ir disfrazadas!

Neste link tedes o programa do venres 1, aquí o do sábado 2 e aquí o do domingo. Hai actividades para picaraxada que teñen boa pinta, aínda que para ser algo coherentes coa historia, algunhas resultan un pouco guerrilleiras de máis para o meu gusto… pero éche o que hai, o caso é pasalo ben 🙂

Sábado día 2: ``Fiesta del color`` en Viveiro

Eureka Actividades organiza este evento, no que haberá globoflexia, obradoiros, música, xogos… Ten boa pinta. Aquí vos deixo o evento do Facebook.

Domingo, día 3: Obradoiro de Gominolas (Lugo)

Lugo queda un pouco a desmán pero para aqueles/as que queirades fuxir da Mariña (ou mellor dito, de Foz!) esta finde, deixo por aquí este obradoiro que me resulta divertido e interesante: como se fan as gominolas? Unha boa actividade para despedir os excesos do verán 😛 Tamén o poño aquí porque me gusta dar voz a esas empresas locais pequenas que empregan os medios online e a organización de mini-eventos destes para promocionarse.

Aquí o evento!

Días 8, 9 e 10 de setembro: Festival da Luz (Boimorto)

Na Mariña non é, pero poño aquí o Festival da Luz de Boimorto porque pode ser unha boa ocasión para saír un pouco de aquí 🙂 Hai actuacións, mercadiño e obradoiros, ademais dun montón de cousas que molan na súa zona infantil. Ademais, @s menores de 12 anos poden entrar gratis no festival.

No seu Facebook e na web do festival tedes máis información.

Xoves, 14: portas abertas en Kids&Us (Ribadeo)

Esta academia organizou a primavera pasada actividades pola Mariña, en concreto eu soupen dun contacontos en inglés. Mola que as empresas fagan cousas divertidas e interesantes (e diferentes ao que vemos todos os días na Mariña) para darse a coñecer, así que aquí tedes o link ao evento do Facebook da xornada de portas abertas que fan estes días.

Sábado, 16: ``As escolas antes e agora``, obradoiro no Museo do Mar

O Club Pequeamig@s aproveita a volta ao cole, e que a orixe do museo foi unha escola, para falar das diferenzas entre as escolas de antes e as de agora. Recoméndovos que contactedes co Museo, aínda que non poidades participar nesta actividade, para que anoten o voso correo electrónico e vos envíen as actividades que organizan para nenos e nenas de entre 4 e 16 anos. Son súper interesantes e así estades informadas/os 🙂

O horario desta actividade será de 11:30 a 13:00 horas e a miña é unha das 15 nenas/os que van asistir, así que se vos interesa non tardedes en anotar ás vosas, quedan só 14 prazas como moito 😛 Como sempre as actividades están dirixidas a nenas e nenos de 4 a 16 anos (menores de 6, con adulto/a acompañante).

Para anotarvos tedes que chamar ao 982 59 45 72 ou enviar un correo á dirección museodomar@museolugo.org

Aquí vos deixo un texto interesante que publicaron na páxina do Museo do Mar que está relacionado con esta actividade.

Sábado, dia 23: IV Media maratón Alas de Vida (Burela)

A Media maratón Alas de Vida ten carácter solidario: a recadación destínase a colaborar coas persoas que padecen a enfermidade rara coñecida como “pel de mariposa”. Hai un paseo solidario no que poden participar nenos e nenas acompañados dunha persoa adulta, ás 16:00 horas, cun recorrido de 3 km (entre a Praza da Mariña e a Marosa). Aquí tedes máis información.

Xoves, día 28: Piano flotante en Foz

Xa vin varias veces este evento anunciado polo Facebook adiante, e chámame moito a atención. Esta actividade trata de unir mar e montaña coa música e ten que ser, polo menos, interesante. Estou segura de que os nenos e nenas que vaian velo non esquecerán esa imaxe.

Ás 19:00 horas no peirao de Foz!

Sábado, 30: laboratorio de química e emocións (en Xixón)

Xa sei que Xixón non está precisamente na Mariña de Lugo, pero penso que esta actividade que se celebrará no espazo infantil Tres Primaveras ten pintaza, e pode resultar súper interesante se vos apetece dar un paseíño aproveitando que é sábado (por certo, se non podedes ir nesta ocasión, hai máis datas en outubro e novembro).

Aquí queda o link ao evento, no que picaraxada de entre 4 e 7 anos realizará experimentos químicos divertidos, espertarán a súa creatividade, xogarán e pararanse un pouco a pensar e reflexionar sobre as súas emocións.

E para aquelas/es que non poidades ir a Xixón así como así, e esteñades agora mesmo preguntándovos por qué demo non haberá cousas así máis cerca da Mariña ou na Mariña, aquí vos deixo o link a un libriño:  Experimentos Divertidos Para Niños (Miniactividades) para peques que comprei hai pouco por Amazon. Se Mahoma non vai á montaña… ;P

Quen se aburre é porque quere 😉

Hai eventos que se realizan na Mariña para público infantil e familiar dos que non falamos en Picaraxada.com por diversas razóns: porque non nos dá tempo, porque non nos enteramos de que os hai ou porque non nos resultan de tanto interese.

Aínda así, aquí vos deixamos os links a algúns medios nos cales podedes coñecer máis opcións de ocio para peques, maiores, ou peques e maiores xunt@s.

Que o disfrutedes!

Webs e fanpages interesantes

Hai institucións que teñen as webs e fanpages máis mortas que vivas, pero hai outras que de vez en cando publican algo de contido. Estas son as que sigo eu para estar informada do que se pode facer.

Medios de comunicación
  • Edición da Mariña da Voz de Galicia (Inclúe un recadro de “Axenda”).
  • Edición da Mariña do Progreso (non teñen axenda propiamente dita, pero en ocasións anuncian actividades que se organizan, sobre todo cando se trata de eventos masivos).
  • Crónica3 é un medio que se fai eco de todas as actividades que teñen lugar na Mariña, sempre que @s organizador@s lle envíen a información sobre elas.
Slider xogo mans | Miniblog Picaraxada
Coñeces algún outro?

Se hai algún medio online que ves que esquecín incluir, porfa, cóntamo cubrindo este formulario 🙂

Enviar mensaxelimpiar

As nosas experiencias